Castelo de Pambre

Castelo de Pambre

Juan Mario Crecente Maseda

Juan Mario Crecente Maseda

Sobre el proyecto

O Castelo de Pambre é un Ben de Interese Cultural, en virtude do decreto do ano 1949, e está localizado no entorno do Camiño Francés a Santiago de Compostela, segundo a delimitación do ano 2011. Foi adquirido pola Xunta de Galicia, e rehabilitado pola Axencia de Turismo de Galicia, entre os anos 2013 e 2015 pola empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa, segundo un proxecto redactado por Crecente asociados.

O traballo do proxecto levouse a cabo por un equipo multidisciplinar, cunha serie de estudos previos, que incluíron un levantamento planimétrico detallado; Informe histórico de Julio Vázquez, profesor de Historia da Arte da USC; Proxecto arqueolóxico de Celso R. Cao, que anticipou a potencia arqueolóxica do lugar; Informe de valorización do patrimonio moble e pátinas de Blanca Besteiro; Estudo do arborado e a súa conservación de Faustino Meis; levantamento planimétrico do SIT_USC, participando Miguel Cordero e Beatriz Guimarei; e que contou coa colaboración no desenvolvemento do proxecto dos arquitectos Ester Suárez, no proxecto de execución de José Luis e Borja Martínez Raído e na dirección da obra de Jorge Salvador.

Salientamos en primeiro lugar a súa condición de paisaxe cultural a diversas escalas: a relación co Camiño de Santiago, reflectida no camiño medieval que pasa aos seus pés, e na Igrexa de Vilar de Donas; Co territorio da Ulloa, que identifica aos señores da comarca e do Castelo; Co río Pambre e a ponte medieval, o castro de Remonde fronte á torre da homenaxe, e o núcleo rural ao que da nome; E a finca da súa propiedade, cunha hectárea e media de terreo no contorno, unha histórica minicentral, e varios muíños outrora do mesmo enclave.

Categorías en las que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imágenes