Hospicio Municipal Barrio Magadalena

Hospicio Municipal Barrio Magadalena

ESTUDIO ANTA ARQUITECTOS S.L.P.

Sergio J. Beceiro Lodeiro
M. Rosa Vilas Romalde

Sobre el proyecto

FACILITAR UNHA “LECTURA CLARA” DA EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA EDIFICACIÓN. A ampliación da edificación proxectada por Julio Galán en 1905 unifica a cuberta e a fachada do novo edificio co caserón existente, o que dificulta a lectura histórica das distintas épocas da edificación.

 

Apertura dun oco vertical na fachada rúa Méndez Núñez que establece unha separación “física” das dúas intervencións e recupera o testeiro do caserón orixinal.

 

Intervención sobre as cubertas, de xeito que se propón a cuberta de zinc para a intervención de 1905 e mantense a cuberta de tella para a edificación orixinal. Amplíase o patio cara a medianeira do edificio contiguo que dota de gran luminosidade ao conxunto.

 

Diferenciación das fiestras: proponse a recuperación das fiestras do caserón orixinal cunhas contras partidas que asemellen aos cristais orixinais. Sen embargo da ampliación de 1905 realizase con fiestras dunha soa folla con carpintería mixta de aceiro inoxidable e madeira. Esta diferenciación tamén se realiza nas fiestras do patio.

 

RECUPERACIÓN DOS ELEMENTOS DE INTERESE E ELIMINACIÓN DOS ELEMENTOS DISCORDANTES. Realizaranse unha serie de intervención puntuais destinadas a eliminación dos elementos discordantes e outras intervencións destinadas a recuperación dos elementos de interese.

 

INTRODUCCIÓN DE NOVOS ELEMENTOS. Unha vez eliminados os elementos discordantes descritos no apartado anterior introdúcense no edificio novos elementos que permiten a configuración das estancias e redistribución do programa. Tódolos elementos introducidos no edificio teñen caracter REVERSIBLE de modo que no futuro se a edificación muda de uso poderán ser desmontados sen producir danos sobre a edificación catalogada.

Categorías en las que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imágenes