LA XUNTA CONVOCA LA SEGUNDA EDICIÓN DE LOS PREMIOS DE ARQUITECTURA Y REHABILITACIÓN DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

Viernes, 13 Abril, 2018

  • Distingue aos autores de proxectos de obra nova e rehabilitación rematados en Galicia en 2016 e 2017
  • Tamén premia o mellor traballo de arquitectura sustentable e a traxectoria profesional máis destacada
  • En total outorgaranse premios por valor de 24.000 euros
  • Na primeira edición o premio de arquitectura foi para Casa Chao, en Corcubión (A Coruña), e o de rehabilitación para catro edificios da sede do Rexistro da Propiedade de Vigo
  • O arquitecto Andrés Fernández- Albalat Lois recibiu no 2016 o recoñecemento especial á traxectoria profesional e os arquitectos Juan Zaballa e Daniel Guisande Lago, premio a sustentabilidade, pola súa intervención no camping Illa de Ons

 

Santiago, 13 de abril de 2018.- A Xunta de Galicia premiará aos mellores traballos rematados en 2016 e 2017 nos campos da arquitectura e a rehabilitación, a través dunha nova convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia. Tamén se galardoará a traxectoria profesional dun arquitecto galego destacado. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a segunda edición deste galardón, despois da realizada no 2016.

 

O obxectivo dos premios é o impulso á excelencia da nosa arquitectura e a rehabilitación, recoñecendo a calidade das edificacións rematadas en 2016 e 2017, tanto de obra nova como de rehabilitación.

Especial mención merecen os premios especiais de sustentabilidade e á traxectoria profesional. O primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente, en consonancia cos programas europeos e o Horizonte Europa 2020. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego.

 

Os premios, que convoca a Consellería de Infraestruturas e Vivenda suman un importen total de 24.000 euros, dotándose con 6.000 euros cada unha das catro categorías.

 

O Premio galego de arquitectura outorgarase a os proxectos de novas edificación ou obras de ampliación cuxa entidade permita a súa valoración independente á construción orixinal. E o Premio galego de rehabilitación, galardoará aqueles proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

 

O xurado poderá outorgar ademais sendos galardons á categorías especiais de sustentabilidade e a traxectoria profesional.

 

O premio á sustentabilidade, destaca aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras. E o dirixido á traxectoria profesional, recoñecerá á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no territorio galego. Este galardón será outorgado polo xurado, en base ás propostas formuladas polas entidades integrantes do mesmo.

 

Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.

 

Poden optar a estes premios os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre os días 1 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 dentro do territorio da comunidade autónoma. Os autores dos proxectos deberán ser arquitectos. No caso do premio á traxectoria profesional non se establece ningún tipo de límite temporal.

 

A presentación das candidaturas será realizada por parte de algunha das institucións que formarán parte do xurado.

 

O xurado estará presidido pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez, e integrado por representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña; Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Federación Galega da Construción e Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.

 

O detalle das bases desta nova convocatoria poden consultarse no DOG: https://bit.ly/2HwcQ4y .