ACCESIBILIDADE UNIVERSAL NUN BOSQUE DE QUINTELA

ACCESIBILIDADE UNIVERSAL NUN BOSQUE DE QUINTELA

Polígono 504 Parcela 1599 AGRA DE QUINTENLA. OUTES

Salgado e Liñares, SLP (30009)

Alfonso Salgado Suárez
Francisco Xabier Liñares Túñez

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Campos Rodríguez, J. Castor
Promotor
DO ARTESANATO CAC S.L.

Construtor
TENTE CONSTRUCCIONES MODULARES SL

Data de fin
xoves, 29 Xuño, 2017

PEM
269.496 €

Sobre o proxecto

O proxecto, Accesibilidade universal nun bosque de Quintela, contempla a construción dun conxunto de seis apartamentos nun bosque autóctono. A premisa de partida é fundamental: a consecución para o conxunto dun nivel óptimo de accesibilidade universal ou desapercibida.
O proxecto, xa que logo, fai especial fincapé na adaptación integral do entorno e dos accesos. É dicir, acomete o reto maiúsculo de acondicionar un bosque e suprimir as súas barreiras, sen menoscabo da súa condición ambiental ou natural.

Os seis apartamentos, cabanas nas árbores, intégranse no entorno. Unha pasarela salva o desnivel. Os camiños, os valos, as texturas dos materiais, a iluminación, os sons, tódolos sentidos se integran no proxecto, no seu descorrer, na súa construción. 

A intervención no entorno é integral pero moi respectuosa. Defínense valos que conteñen terras; recupéranse vellos sistemas de construción, vellos aparellos, pero incorpóranse novas técnicas e novas solucións. Os solados definen alfombras que se acomodan ao terreo, pero incorporan distintas texturas que os achegan a sensibilidades diversas. 

En definitiva, un conxunto variado de factores subxacentes que acomodan un entorno complexo para poñer de releve a autenticidade e a harmonía dunha actividade turística totalmente integradora.

Categorías nas que participa

Premio especial á sustentabilidade

Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras.

Imaxes