AMPLIACION DO CENTRO DE SAUDE DE A LARACHA PARA CONSTRUCCIÓN DO PAC

AMPLIACION DO CENTRO DE SAUDE DE A LARACHA PARA CONSTRUCCIÓN DO PAC

Ezcurra e Ouzande Arquitectura SLP

Cristina Ouzande Lugo
Cristina Ezcurra De La Iglesia

Sobre o proxecto

Co desenvolvemento deste proxecto constatouse a posibilidade de cambiar as propostas tradicionais de aceiro e formigón en edificios públicos, substituíndoas por un sistema completo de elementos tecnolóxicos de madeira e derivados.
Observouse a adecuación de ditos sistemas a edificios ambiental e economicamente sostibles.
A redución de custes que implica a construción dun edificio con sistemas de madeira ven dada, en parte, pola diminución dos tempos de execución:
- A elaboración de planimetría precisa e os sistemas informatizados permiten un despece rápido e ordenado do material, ademais dun ensamblaxe en taller dos módulos construtivos.
- A clasificación do material facilita a boa organización do transporte, o que permite optimizar este recurso e fraccionar os envíos en función do proceso de montaxe en obra minimizando de esta maneira os acopios que ocupan espazo e dificultan o traballo e evitando a exposición das pezas á intemperie.
- O protocolo de montaxe, repetitivo e tecnicamente sinxelo, implica unha execución rápida e precisa sen requirir man de obra excesivamente especializada.
- A construción en seco da estrutura, sen tempos de espera nin apenas medios auxiliares, facilita a convivencia entre os distintos oficios.
- A diminución de tempos de execución reduce os custes da obra.
Outro factor que aumenta a viabilidade económica dos edificios de madeira é o seu bo comportamento térmico, que contribúe a unha maior eficiencia enerxética e ao conseguinte aforro durante a súa vida útil. E, ao final da mesma, a facilidade do seu posible desmontaxe e a posibilidade da reutilización dos seus elementos ou reciclaxe dos mesmos.
Por outra banda, valorouse o impacto dos edificios de madeira sobre os usuarios como moi positivo pola sensación de confort que aportan e polo entorno seguro, saudable e acolledor que crean. A utilización de materiais naturais é un dos patróns de deseño biofílico (a biofilia é a conexión biolóxica innata entre seres humanos e natureza) usada neste proxecto. Outros recursos utilizados son a conexión sensorial coa natureza, a presenza de luz natural dinámica e difusa, ou a conciencia dos cambios estacionais a través da vexetación.
Neste caso, os beneficios conseguidos cobran maior importancia por tratarse dun edificio de uso sanitario.

Categorías nas que participa

Premio especial á sustentabilidade

Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras.

Imaxes