CENTRO DE DÍA DE MAIORES DE LEIRO
Cruce Carretera OU-209 (Ourense-Carballiño) y Carretera Osebe, s/n, LEIROOutros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Construtor
Data de fin
PEM
Sobre o proxecto
A parcela na que se constrúe o centro de día, moi próxima e lixeiramente elevada sobre o curso do río Avia, ten un forte desnivel natural transformado mediante un sistema de terrazas , chamadas socalcos, formadas por muretes de mampostería de granito, un sistema tradicional moi habitual nesta rexión de viñas que permite dispoñer de terreo cultivable en parcelas nas que a pendente impide a súa explotación.
Estas terrazas tradicionais, ascendentes cara o Norte, e as vistas sobre o río ao Sur, suxírennos encaixar o edificio como unha terraza máis, para posteriormente reconstruír os socalcos existentes con pedras propias atopadas na parcela e outras procedentes de construcións en ruínas da contorna.
O acceso ao centro de día realízase a través dunha ampla plataforma exterior axardinada, accesible desde a vía peonil e desde o aparcadoiro de vehículos adaptados. É neste xardín onde se poderán desenvolver as actividades ao airelibre do centro cando o tempo o permíta.
A sala polivalente e os espazos de relación exteriores, que están completamente dispostos cara o río, gozan das vistas e da orientación sur sureste, mentres que as actividades que requiren máis privacidade como o comedor, a sala de rehabilitación e a consulta médica,desprázanse á parte posterior e ilumínanse e ventilan a través dun patio axardinado. Na zona central, articulando todas as actividades do centro, sitúanse os servizos comúns, gardarroupa, aseos, cociña e almacéns.
Todas as salas de actividades ábrense e estendense ao exterior grazas a un cerramento case completamente de vidro, protexido pol o voo da cuberta e por unhas contraventanas móbiles de listóns de madeira de iroko que permiten controlar a radiación solar, a iluminación natural e a exposición pública da sala polivalente.
A configuración interior e formal do edificio, a súa relación co lugar e a implantación na parcela, o emprego de materiais construtivos naturais -granito, madeira, aceiro- propios da contorna e a pátina do tempo sobre eles, a cuberta axardinada formando un socalco máis, os sistemas pasivos de climatización, todo responde áintención de integrar o construído na paisaxe, ser funcional e eficiente enerxéticamente, e ofrecer espacios exteriores e interiores confortables, graduando a privacidade e a luz natural, para que os futuros usuarios do edificio se apropien del con naturalidade e comece a súa historia.
Categorías nas que participa
Premio galego de arquitectura
Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.
Imaxes







