Centro de Formación de Curtiduría de Pontepedriña en Santiago de Compostela. Rehabilitación
Rúa Pontepedriña de Arriba nº13Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Construtor
Data de fin
PEM
Sobre o proxecto
Trátase da actuación de rehabilitación da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de arriba no río Sarela de Santiago de Compostela, situada a uns 2 Km. da Praza do Obradoiro, para a súa reutilización como Centro de Referencia de Formación en materia de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción.
Hoxe en día xa están funcionando as oficinas centrais da Fundación Laboral da Construción en Galicia na fábrica rehabilitada.
O proxecto impulsado pola Fundación Laboral contou coa colaboración principal do Consorcio da Cidade de Santiago e da Xunta de Galicia a través do IGVS e a Consellería de Economía, Empleo e Industria.
A intervención consiste na rehabilitación das vellas edificacións existentes e, na inserción no complexo de arquitectura de nova planta destinada ás naves e almacens do Centro de Formación.
Pretende ser non so un Centro destinado á formación de traballadores e empresas do sector da construción, senón unha ferramenta activa para o impulso de políticas activas de formación e emprego asociada á recuperación urbana e rehabilitación da cidade histórica de Santiago, recoñecida como patrimonio da Humanidade no ano 1985 pola UNESCO.
A intervención arquitectónica sobre as edificacións existentes da fábrica, que estaba abandonada desde facía moitos anos e en proceso de deterioración moi grave, foi moi respectuosa cos elementos construtivos e solucións construtivas do conxunto, garantindo desta forma a conservación e, o que é máis importante, o uso dunhas instalacións industriais que están probablemente entre as máis importantes da Galicia de finais do XVIII.
Categorías nas que participa
Premio galego de rehabilitación
Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Imaxes

















