CENTRO SOCIOCULTURAL ROMAÑO VISTA ALEGRE
O Romaño. Santiago de CompostelaOutros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Construtor
Data de fin
PEM
Sobre o proxecto
Unha peza compacta, sobria, que busca adaptarse á escala do lugar.
Un centro cívico que pivota ao redor dun baleiro a dobre altura; o vestíbulo como corazón do edificio, lugar de encontro, de estancia nas bancadas escaleiras, de acceso aos diferentes espazos: sala de usos múltiples, informática, aseos xerais e despachos na planta baixa. Tamén se atopan nesta planta as instalacións, aínda que con acceso independente. Independencia da que tamén goza a sala de usos múltiples; ben para usala de forma illada ou como acceso de servizo. Na planta primeira, biblioteca e aulas.
Muros de carga de termoarcilla vistos, encalados no interior; textura e calidez. Laxas de lousa horizontais no exterior, economía de medios e mantemento. Solados tamén de lousa en acceso e circulacións, de madeira na sala, linóleo arriba. Algúns paramentos de cartón xeso, algún que outro falso teito. Carpintería de aluminio bronce no exterior, madeira no interior. Lucernarios.
Categorías nas que participa
Premio galego de arquitectura
Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.
Imaxes






