EDIFICIO VELLO CÁRCERE. REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁRCEL DE LUGO PARA CENTRO CULTURAL

EDIFICIO VELLO CÁRCERE. REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁRCEL DE LUGO PARA CENTRO CULTURAL

Lugo

CREUSECARRASCO, SLP

Juan José Creus Andrade
Covcadonga Carrasco López

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Félix Suárez (estructura / dirección de ejecución) Isabel Francos (ingeniera) José Luís García (medición) Francisco Hervés (arqueología)
Promotor
CONCELLO DE LUGO - DIPUTACIÓN PROVINCIAL - UNIÓN EUROPEA

Construtor
CONSTRUCTORA SAN JOSÉ
Data de inicio
mércores, 13 Febreiro, 2013

Data de fin
venres, 24 Febreiro, 2017

PEM
4.165.859 €

Sobre o proxecto

Rehabilitación do Antigo Cárcere Provincial de Lugo. Edificio proxectado e construído por Nemesio  Cobreros en 1887 que durante a segunda metade do  S  XX sofre múltiples cambios de uso e transformacións en forma de engadidos, novas cubertas, abandono da súa parte máis emblemática ( Panóptico e Celas) e ocupación e  compartimentación dos seus espazos exteriores. No ano 2009 convócase un concurso de arquitectura, promovido polo  Concello e a Deputación de Lugo e con financiamento da Unión Europea, para a súa rehabilitación como centro cultural, gañado polo estudo  CREUS e CARRASCO arquitectos, executándose a obra en dúas fases, entre os anos 2012 e 2017.

“Desde o seu inicio expomos a súa recuperación como espazo cidadán no que as celas se volven  transmisoras do tempo exterior e de acontecementos cotiáns. Pensamos que o edificio debía ser o protagonista, e o seu fantástico espazo interior ser devolto á cidade como unha rúa por onde camiñar e reunirse, dialogar e mostrar, cuestións que, expostas á vez e aproveitando a orde xa construída, poden ser cultura sen museo. En certo xeito, dámoslle a volta á luva, respectando a forma e o espazo pero investindo a dirección do uso: entrar no  compartimentado, na unidade, a cela, para percibir o múltiple, o colectivo. O cárcere ao revés pode ser unha boa forma de explicar a sociedade na que queremos vivir, e, fronte ao baleiro global e indiferente dos grandes centros de consumo, contar con buracos para mostrar o tempo." Extracto da memoria de proxecto (2009)

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes