ESCOLA INFANTIL EN A VEIGADAÑA

ESCOLA INFANTIL EN A VEIGADAÑA

Juan Ignacio Prieto López

Faustino Patiño Cambeiro
Estefanía Grandal Leirós

Sobre o proxecto

O proxecto parte da aproximación a unha parcela complexa no Polígono da Veigadaña pola súa irregular xeometría e pola proximidade do río canalizado co que linda. A incomodidade xerada pola necesidade de esgotar a edificabilidade da parcela con esa xeometría anómala leva a impor outra máis pura, un círculo, no que se inscriben tódalas
funcións da escola e dous paralelepípedos que regulan os accesos ao exterior. Unha volumetría clara e regular que trata de aportar orde nun entorno de contrastes: por unha banda a trama industrial do polígono e vías de alta capacidade e por outra a presenza viva do mundo rural e o Camiño de Santiago procedente de Portugal. Cultivos, vexetación espontánea, asfalto, granito e brillos metálicos.
A escola orienta os seus ocos principais ao sur nunha secuencia de ventás e lucernarios protexidos da radiación directa dos meses de verán por amplos voadizos, permitindo simultaneamente a radiación nos meses máis fríos.
Respondendo ao alto nivel freático da parcela decídese elevar o edificio respecto da cota natural do terreo cun forxado sanitario construíndo unha lousa voada de formigón que xera unha fisura de sombra entre a construción e o terreo. Tres ramplas permiten salvar esa cota resolvendo o acceso principal do edificio, o que leva a zona de cociña e almacenaxe e un terceiro que conecta o patio do edificio co xardín exterior onde se dispón a zona de cultivo que complementa as funcións lúdicas do patio acoutado pola pel do edificio. Estas ramplas actúan como pasarelas que conectan o edificio, concibido como unha illa funcional rodeada de céspede, cos sistemas de acceso rodado e peonil que conflúen na parcela, garantindo a accesibilidade a usuarios e traballadores

Categorías nas que participa

Premio galego de arquitectura

Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.

Imaxes