REFORMA DE VIVENDA UNIFAMILIAR

REFORMA DE VIVENDA UNIFAMILIAR

Lugar de Amieiras, 59. Miño

Carlos Luis Quintáns Eiras


Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Prieto Tercero, Miguel Ángel
Promotor
Javier Losada e Rocío Quintáns
Construtor
ABACO
Data de inicio
sábado, 29 Agosto, 2015

Data de fin
luns, 20 Marzo, 2017

PEM
206.835 €

Sobre o proxecto

A casa sitúase na ría de Betanzos, nun remanso do rigor do Atlántico. O proxecto debe atopar acomodo coa topografía e o acceso. A orientación é moi boa para capturar o sol acompañándose das vistas cara á ría, enmarcadas cos piñeiros que xa existían sobre o cantil.

O proxecto nace como unha solución de encontro coa topografía para configurar o acceso en coche , a separacións  volumétricas derivadas das normas locais e o encontro coas zonas de xardín e piscina. É a contención a que realmente define a parcela e a casa. Recórrese a unha solución habitual en Galicia: contención de terras con muros de granito realizados con grandes pedras de forma irregular e traballadas tan só nunha cara que se complementan con  ripios. A casa busca a expresión sincera dos materiais, ao interior e ao exterior onde sobresae pouco do terreo. A fachada superior de aluminio, recibe o acceso para o coche,  máquinas e un estudo que se protexe, cara ao mar todo acristalado e a pequena presenza dos laterais con grandes pedras que acompañan á contención.

A casa neste xogo de adaptarse ao terreo se parte en dous desprazándose metro e medio entre partes que se unen cunha escaleira de catro tramos que combina as plantas. Os dous corpos cóbrense cun plano inclinado de zinc que ao adaptarse a este salto convértese en paralelo ao terreo e que desde a súa zona central ilumina e  ventila un conxunto de elementos realizados con carpintería de madeira de cedro, que sabe relacionarse adecuadamente coa expresión do formigón. O terreo trabállase a pendente e úsanse poucas especies (fundamentalmente lavanda) ofrecendo unha mirada fresca afastada da acumulación innecesaria de especies.

Categorías nas que participa

Premio galego de arquitectura

Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.

Imaxes