REFORMA DE VIVENDA UNIFAMILIAR

REFORMA DE VIVENDA UNIFAMILIAR

Granxa do Outeiro, Francelos. Ribadavia

Candelaria Cecilia López Muíños, Juan José Otero Vázquez

Candelaria Cecilia López Muíños
Juan José Otero Vázquez

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Luis Ángel López Gómez
Promotor
Román Blanco Reinosa

Construtor
Por Administración
Data de inicio
mércores, 5 Xullo, 2017

Data de fin
martes, 19 Decembro, 2017

PEM
308.166 €

Sobre o proxecto

 

O proxecto de reforma de vivenda dá Granxa  do Outeiro, responde á necesidade da propiedade de recuperar a  edificacion a capela, unha edificación adxectiva e especialmente a contorna circundante.

Téntase de recuperar a vivenda da maneira máis respectuosa co patrimonio. Non existe unha variación no uso ao que se vai a destinar, manténdose o uso de vivenda.

A intervención coidará especialmente a execución e os materiais de acabado, sendo o máis respectuosos co contorno e co pasado da edificación.

Na zona da torre, o programa de dormitorios incorpórase nun prisma voado, revestido en madeira.

A auga

Coas pezas de pedras que se atopan dispersas na parcela realizarase a condución das augas dende a fonte, cuncos decorativos de ferro apoiados sobre as bancadas. Xógase co son da auga ademais da súa presenza en superficies. Trátase de homenaxear a un dos soportes estratéxicos da Granxa do Outeiro ao longo dos séculos, segundo labor de investigación de D. Xosé Luís Sobrado.

VIÑEDOS E  PARRAS

Para recuperación dos viñedos, ademais do emprego de variedades autóctonas (  sousón, mencía,  garnacha,  treixadura,  godello,  loureira,  albillo,  ferrón, lado) propóñense unha distancia entre fileiras tradicional. Executarase unha zona de viña medieval con  estacado tradicional con  posteado formado por “pastas” de pedra tradicionais.

MATERIALIDAD

Para a elección de materiais e sistemas construtivos considerouse a súa dispoñibilidade na área da actuación, optándose por materiais tradicionais e autóctonos.

Na intervención óptase por reducir á mínima expresión a paleta de materiais, buscando o equilibrio entre materiais tradicionais e novos materiais. En fachada e medianeiras mantéñense os  paramentos  pétreos existentes, empregándose para as carpinterías exteriores madeira en cor branca. Para o interior, na planta baixa e en planta primeira, déixanse as laxas de formigón armado vistas, aplicándolles acabado cor branca. Nos  paramentos  pétreos de  mampostería aplícaselles unha  imprimación  selladora, e nalgunhas zonas unha pintura mineral ao  silicato en cor branca. Para pavimentos óptase por tarima de madeira de castiñeiro.

 Como revestimento de  paramentos verticais e carpintería interior óptase por acabados máis cálidos, empregándose establecidos de madeira de castiñeiro de distintos anchos e  acabados. Para a baixo cuberta incorpóranse paneis de labras  prensadas.

 _PATIO COMO ELEMENTO  ARTICULADOR_

Pola propia configuración da edificación principal, a adega, o módulo de aseos e a capela envorcándose ao patio principal, xérase un ágora que funciona de  nodo.

_SUSTENTABILIDADE

Toda a instalación de calefacción e de ACS por  geotermia. Para a instalación de electricidade, optouse por un sistema de células fotovoltaicas,  regurladores de intensidade, sendo todas as luminarias  LED. Para os electrodomésticos, colocáronse coa máxima cualificación enerxética.

Todos as madeiras empregadas contan co selo  FSC, para o illamento optouse por cortiza, e por fibras de madeira. Nos morteiros e  rejuntados, incorporouse cal hidráulico natural, empregándose pintura mineral ao  silicato.

CONCLUSIÓNS

O  leitmotiv de toda a actuación é recuperar da memoria histórica da Granxa do Outeiro, e despois dun labor de investigación coa colaboración de D. Xosé Luís Sobrado, tratar de devolverlle o antigo esplendor e que volva ser un elemento dinamizador da comarca, tanto como  nodo económico pero tamén a nivel cultural. Ademais da recuperación da vivendas, contémplase a recuperación da antiga adega como espazo expositivo.

Non se trata unicamente da recuperación do patrimonio  preexistente, senón de incorporar pequenos elementos e actuacións para poñelos en valor. Unha das premisas irrenunciable é a de manter todos os elementos existentes, e propoñer un proxecto global unitario de todo o conxunto, con independencia de que existan varios propietarios.

 

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes