REHABILITACIÓN DE VIVENDA UNIFAMILIAR AISLADA EN ALLARIZ

REHABILITACIÓN DE VIVENDA UNIFAMILIAR AISLADA EN ALLARIZ

Casalomberte, 6. 32660 ALLARIZ

Juan Seara Oro


Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
COSTA ARAUJO, CAROLINA
Promotor
Juan Ignacio Seara Soto
Construtor
CONSTRUCCIONES VIDE ARIAS, S.L.

Data de fin
xoves, 28 Xaneiro, 2016

PEM
81.048 €

Sobre o proxecto

Con máis de cen anos, e sendo construída como casa de labranza e adega, sempre foi un lugar máxico,  inhabitado, pero incriblemente suxestivo, con muros de pedra que xa quixesen moitas fortalezas, simplemente para albergar viño, froita e algún que outro animal, o que nos conecta cunha época nas que as prioridades eran ben distintas.

A casa asentábase de maneira maxistral no linde entre tres leiras; un prado e dous  viñas, unha delas  aterrazada ao redor dun outeiro, situada nunha enorme roca que ocupa boa parte da planta baixa.

Todo isto, unido coa conexión emocional que nos vincula con este lugar, obrigounos a ser extremadamente radicais coa nosa proposta, desde a absoluta convicción de que debemos proxectar pensando non só nas ruínas nas que temos que intervir, senón tamén no valor das ruínas que imos deixar.

 

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes