Rehabilitación de vivenda unifamililar en Vila de Cruces

Rehabilitación de vivenda unifamililar en Vila de Cruces

Soto, 16. Vila de Cruces

Salomé Fernández Liste, responsable contractual del proyecto, Eloy Cambón García

Salomé Fernández Liste
Eloy Cambón García

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
CASTIÑEIRA VEIGA, VERÓNICA. Arquitecta Técnica
Construtor
POR ADMINISTRACIÓN

Data de fin
mércores, 12 Abril, 2017

PEM
195.749 €

Sobre o proxecto

A edificación, construída en 1905, é un exemplo das vivendas familiares que configuraban a trama urbana de Vila de Cruces.

A demanda programática exponse nas tres alturas da edificación.
Configúrase unha nova cuberta que respecta as pendentes da arquitectura tradicional e dota á vivenda de maior interese espacial e  lumínico.

O acceso principal prodúcese polo fronte á vía pública. A vivenda presenta ademais unha entrada lateral a media altura entre as plantas  semisótano e baixa, e un acceso pola fachada posterior á planta  semisótano desde o xardín. A escaleira, encostada á fachada lateral, resolve o acceso existente á vez que vertebra e ordena a vivenda.

As estancias comúns e de servizo sitúanse en contacto directo cos accesos desde o exterior. Na planta alta, máis reservada, dispóñense os dormitorios cos seus baños.

O forno existente rehabilítase recuperando o seu uso. O muro de pedra da edificación auxiliar, coma se dunha ruína tratásese, configura o estacionamento de coches e unha zona de comedor exterior.

T

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes