Sobre o proxecto
Trátase dunha edificación en esquina, con planta sensiblemente cadrada e que se desenvolve en tres alturas. Ten fachada a dúas prazas situadas en cotas diferentes (Praza Pescadores e Rúa Peñasco), construída no século XIX. A edificación é unha vivenda unifamiliar en esquina con dúas fachadas libres e outras dúas encostadas.
A planta -01, con acceso desde Rúa Peñasco queda semienterrada en 3 das súas fachadas. Tamén conta cun acceso desde a praza Pescadores en planta baixa. Ademais, dispón dunha primeira planta e un altillo no baixocuberta. Está actualmente en estado ruinoso, conservándose unicamente os muros de fachada, de fábrica de granito, cunha composición de 3 ocos por planta en cada unha das fachadas e parte da estrutura de madeira que conformaba os forxados do edificio. Na fachada que dá á Rúa Peñasco consérvase aínda un balcón ao nivel da primeira planta, que ocupa dous dos tres ocos da fachada. Sobre leste, na segunda planta, intúese a existencia pasada dunha galería, como se indica na ficha do PEPRI. Actualmente a maior parte dos ocos están tapiados.
O acceso principal á vivenda realizarase a través dun vestíbulo en planta baixa, a través de Praza Pescadores. Tanto nesta planta como na inmediatamente inferior localizaranse as zonas de noite cos dormitorios, mentres que a cociña e o estar situaranse na planta primeira. A baixocuberta ocuparase cun dormitorio. As dimensións e proporcións dos espazos axústanse ao programa de necesidades demandado e ás normas de uso convidas para cada tipo de uso Dispóñense os espazos para: - optimizar circulacións. - aproveitar ao máximo a luz natural e vistas. - minimizar as molestias acústicas entre espazos e con respecto ao exterior. - facilitar as conexións entre as distintas partes do edificio.
Categorías nas que participa
Premio galego de rehabilitación
Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Imaxes








