REPOSICIÓN DAS CUBERTAS DO CORO E DA SANCRISTÍA DA IGREXA DE SAN BERNARDO DE NOIA - A CORUÑA

REPOSICIÓN DAS CUBERTAS DO CORO E DA SANCRISTÍA DA IGREXA DE SAN BERNARDO DE NOIA - A CORUÑA

RUA SAN BERNARDO15210 NOIA

José Barreiro Carreño, Martín Ínsua Calvo

José Barreiro Carreño
Martín Ínsua Calvo

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
JOSÉ LUIS INSUA SOUTO (COAATIE 814)
Promotor
PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE NOIA

Construtor
PAVIMENTOS NOIA OBRAS E CONTRATAS S.L.
Data de inicio
mércores, 19 Abril, 2017

Data de fin
venres, 28 Xullo, 2017

PEM
32.621 €

Sobre o proxecto

O proxecto ten por obxecto a reposición integral das cubertas do Coro e da Sancristía da igrexa xa que os estragos causados polos temporais na capa de cobertura da cuberta permitiron a entrada de auga no edificio apodrecendo a estrutura de madeira que sustenta e lle da forma á cuberta, chegando incluso a aparecer humidades e axentes bióticos nos paramentos interiores e exteriores dos muros, da cúpula do Coro e da bóveda da Sancristía, así como o apodrecemento de partes do retábulo, das carpinterías e outros elementos de madeira. 
Con esta intervención preténdese dar continuidade á primeira fase de restauración na que se abordou a cuberta da nave maior e a retirada dunha bóveda trapezoidal de madeira instalada a mediados do século pasado. Para eso instaláronse 19 vigas peraltadas de madeira laminada de intradous curvo, apoiadas sobre un durminte, que pretendían recuperar a espacialidade orixinal da nave, permitindo así ao observador recompoñer conceptualmente o trazado orixinal da bóveda de canón coa axuda dos arranques que se conservan da mesma, do seu perfil nos testeiros e das propias vigas no plano de cuberta.
Co presente documento preténdese afrontar a desmontaxe das cubertas do Coro e da Sancristía, a renovación dos seus elementos estruturais de madeira e a reposición da capa de cobertura composta de tella cerámica curva sobre placas onduladas colocadas sobre un entaboado continuo, así como a restitución das carpinterías que pechan os ocos do Coro e da Sancristía para a súa posta en funcionamento.
Así mesmo, unha vez andamiada a igrexa para o inicio das obras puidose comprobar o alcance das patoloxías físicas e mecánicas que sufría o inmoble. Dada a sua gravidade, decidiuse acometer de urxencia a consolidación dos muros de fábrica de sillaría e cachotería, rexuntando así as gretas existentes tanto nos muros como nas bóvedas e cúpula do templo con morteiro de cal graxa e area, a limpeza de arbustos enraizados, a limpeza de musgos e manchas de humidade existentes nos paramentos pétreos, a limpeza dos encalados interiores e a súa reposición cun sistema tradicional de pintura á cal aplicada tanto sobre os enlucidos da nave maior como sobre a sillaría das naves do Coro e da Sancristía.
Ao mesmo tempo, aproveitouse esta intervención para repoñer a instalación eléctrica e de iluminación adoptando una solución máis acorde co templo que potencia a súa solución formal.

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes