SARELA_REHAB

SARELA_REHAB

Rueiro Figueiriñas 31. Santiago de Compostela

DOSESMAS ARQUITECTOS, SCP

Álvaro Marín Durán
Alfonso Castro Lorenzo

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Julio Jorge Durán

Construtor
Emac Proyectos y Obras
Data de inicio
mércores, 18 Novembro, 2015

Data de fin
martes, 15 Novembro, 2016

PEM
37.590

Sobre o proxecto

Un dos segredos mellor gardados da Cidade de Santiago de Compostela atopámolo a beiras do Río  Sarela...A tan só un quilómetro da Catedral, é precisamente neste lugar onde se produce a excepcional singularidade da supervivencia do último contacto entre a cidade histórica e o seu territorio rural de orixe, cunha riqueza de matices na transición entre o urbano e rural que o converten nun dos espazos máis singulares desde o punto de vista ambiental da contorna inmediata da cidade.
Un lugar onde se mestura o agrario, o doméstico ou o industrial, combinando á perfección o seu uso público como fonte de recursos, de espazos de traballo e de entretemento, así como de pesca, xogo e mesmo baño.
Na actualidade, un paseo fluvial acompaña no seu percorrido ao  Sarela facendo deste máxico lugar uno dos espazos de uso público en contacto directo coa natureza máis emblemáticos de Santiago. Un carreiro completamente abrazado por carballos e vexetación típica das ribeiras galegas:  alisos, bidueiros, salgueiros, etc; no que podemos atopar aínda hoxe en día antigos muíños e fábricas de curtidos de coiro.
Co  ovxectivo de potenciar esta relación territorial coa cidade desenvólvese o Plan Especial de Acondicionamento e Saneamento do Río  Sarela e a súa contorna, e que será de aplicación directa no ámbito da nosa actuación.
Neste contexto, con acceso directo desde o paseo fluvial e a escasos metros do río, xorde a oportunidade da rehabilitación dunha vivenda con alpendre e uns 700 metros de leira, construída a principios dos anos 60, de construción modesta.
A pesar do seu importante estado de abandono e conservación, non é difícil imaxinar a vitalidade e riqueza espacial de tempos pasados. Rodeada de terreos de cultivo, a súa escala e posición estableceron unha relación coa contorna que dalgunha maneira debemos recuperar e potenciar....
Esta relación terá como protagonista silenciosa a madeira que tan xenerosamente abraza e acompaña á súa contorna...Unha  envolvente de madeira de piñeiro  cuperizado percorre os cerramentos renovando a súa pel e dotando ao conxunto do carácter e uniformidade necesarios. Unha gran ventá encadra o espazo...Un sistema de  contraventanas exteriores filtran e  gradúan os distintos graos de intimidade e relación, á vez que dotan ao conxunto dos seus alzados de gran dinamismo e protección. Unha habitación, un baño, un espazo en dobre altura, un  lucernario, unha cheminea e unha moble-escaleira completan a escena...Pouco máis habería que engadir a este proxecto con vocación de imperfecto e espírito de integración....

T

Categorías nas que participa

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Imaxes