VIVENDA UNIFAMILIAR

VIVENDA UNIFAMILIAR

Lg. Barreiro-Val, P. de San Martín do Porto, CABANAS

L & T 94 Arquitectura y Urbanismo, SLPU (20109)

Celso López Martín

Outros técnicos Outros técnicos Outros técnicos
Domingo Vidal Álvarez

Construtor
DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS S.L.

Data de fin
xoves, 16 Marzo, 2017

PEM
149.798 €

Sobre o proxecto

 

Vivenda unifamiliar que busca de maneira radical a relación poética coa contorna e a paisaxe. As vistas, a Ría de Ares-Betanzos, a topografía, a inmediata e a máis distante, a forma da parcela, as casas próximas, a orientación, as árbores, os prados e as masas  boscosas, o Monte de  Breamo, todo está presente e activado.

A parcela enténdese como parte da “vivenda”, unha serie de espazos transversais matizan os diferentes graos de privacidade e os usos, non hai ruptura entre o interior e o exterior. Dous baleiros moldean a forma, un de acceso, con orientación noroeste, con espazos cubertos e sombras; outro máis  hedonista e luminoso, orientado ao suroeste, espazo aberto que integra a piscina. Unha cuberta de formigón revestida de madeira, cal barca investida, xera o espazo, engánchase  ao terreo nun macizo axardinado, apártase, aproxímase ao  lindeiro para crear o patio de entrada, despois, crece en volume para albergar a vivenda e  asomarse á paisaxe.

Categorías nas que participa

Premio galego de arquitectura

Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.

Imaxes