A Xunta fai público o fallo da segunda edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia

martes, 18 Setembro, 2018

FALLADOS OS PREMIOS DE ARQUITECTURA E REHABILITACIÓN DA XUNTA DE GALICIA NA SÚA EDICIÓN DE 2018 • Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018.-

Os proxectos do Campus da Auga (Ourense),  a Edar de Vigo e as instalaciones de Finsa, en Santiago de Compostela, resultaron galardoados na categoría de arquitectura dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia que convoca a Xunta de Galicia. O premio se concede ex aequo aos tres proxectos. Ademais, o xurado concedeu mencións neste apartado aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun aparcamento en Noia.

Na categoría de rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación. As mencións neste apartado recaeron na rehabilitación de vivendas da Ferrería (Vigo) e o acondicionamento do cuartel da Garda Civil en Ferrol.

Finalmente, na categoría de sustentabilidade o premio concedeuse ao proxecto das instalacións de Norvento no parque empresarial das Gándaras, en Lugo.

Premio de Arquitectura:  Os tres proxectos que recibiron conxuntamente o premio nesta categoría son:

Campus da Auga. O edificio do Campus da Auga está emprazado no campus de Ourense da Universidade de Vigo e está destinado aos laboratorios de investigación relacionados coa  auga. O proxecto corresponde a Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias.

Edar Lagares de Vigo. O proxecto do edificio da Edar do Lagares, en Vigo, realizouse por Perfecto Cendón e Javier Vázquez.

Instalacións de Finsa. A actuación comprende a reforma integral dos dous edificios de oficinas existentes, a construción dun novo edificio de conexión entre ambos e a urbanización do seu entorno. O proxecto redactouse por Miguel Alonso Flamarique, Roberto Erviti Machain, Mamen Escorihuela Vitales e Antón Varela García.

As mencións corresponden á Casa unifamiliar en Cee (Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López) e ao aparcamento na rúa Xuíz Falcone, en Noia (Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñarez Túñez)

Premio de rehabilitación Curtiduría. Na categoría de rehabilitación prémiase o proxecto para a recuperación da antiga fábrica de curtidos emprazada en Pontepedriña de Arriba (Santiago de Compostela) que a Fundación Laboral de la Construcción dedicou, unha vez rehabilitada, ás instalacións do Centro de Referencia de Formación en Rehabilitación. O proxecto redactouse por Víctor López Cotelo e Ángel Panero Pardo.

A mencións corresponden ao proxecto de rehabilitación de vivendas na Ferrería (Vigo) (proxecto de Eva Castro Álvarez) e ao acondicionamento do cuartel da Garda Civil en Ferrol (proxecto de Estudio Anta Arquitectos, Sergio Beceiro Lodeiro e Rosa Vilas Ramalde), no que se realizou a rehabilitación exterior dos edificios e o seu acondicionamento interior para destinalos a dependencias oficiais.

Premio Sustentabilidade. O premio á sustentabilidade concedeuse ao proxecto das instalacións que l empresa Norvento construíu no parque empresarial das Gándaras (Lugo), que se traduce nun edificio autónomo enerxeticamente, non conectado á rede. O proxecto redactouse por Francisco Mangado.

Traxectoria profesional Finalmente, o arquitecto Javier Suances Pereiro foi distinguido co premio especial á traxectoria profesional polo xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia que convoca a Xunta de Galicia.