Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet Premios de arquitectura (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do subdominio “premiosarquitectura.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Este sitio web contén a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, que desde o 2 de maio do 2011 ten carácter oficial, auténtico e único, segundo o indicado no artigo 49 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa do Diario Oficial de Galicia.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións: - Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información. - O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Con estes servizos preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando aos cidadáns as súas relacións coa Administración xeral e do sector autonómico de Galicia.

 

Política de cookies

O portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Devandito isto, é preciso ter en conta que una mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

ipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario/a polo Portal e o uso dos servizos dispoñibles nel.
  • cookies analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
  • cookies de preferencias: aquelas que permiten lembrar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

TIPO DE COOKIE COOKIE FINALIDADE POLÍTICA
Propia JSESSIONID Manter activa a sesión da persoa usuaria e no idioma seleccionado Xunta de Galicia - Política de cookies

 

Política de privacidade e protección de datos  

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

Quen é o responsable do tratamento

O responsable do tratamento é a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras (en diante, a Consellería) con domicilio en Edificios administrativos – San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), web: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/portada

Quen é o/a delegado/a de protección de datos 

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados

Este portal web so recolle datos persoais facilitados pola propia persoa usuaria coa finalidade de xestionar a súa candidatura aos Premios de Arquitectura.

A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo coa base de lexitimación de cumprimento dunha misión realizada en intereses público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseado na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración e na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Os datos persoais solicitados e tratados correspóndense coas categorías seguintes:

• Datos identificativos e de contacto: nome e apelidos, NIF, correo electrónico e enderezo postal.

Os datos das persoas que se rexistren no portal poderán ser utilizados coa finalidade de xestionar a candidatura. 

Prazo de conservación dos datos 

Os datos conservaranse ata que se cumpra cos finalidades obxecto do seu respectivo tratamento ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos. 

Cesión ou comunicacións dos datos 

Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos as súas finalidades, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables. 

Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais 

Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia 

Modificación da Política de privacidade 

A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade. Máis información Pode ampliar esta información pulsando aquí

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a App posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo, en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.