Premios de Arquitectura e Rehabilitación
Comunidade Autónoma de Galicia

Sobre o concurso

En 2016 a Xunta de Galicia creou os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia co obxectivo de impulsar a excelencia da nosa arquitectura e rehabilitación edificatoria. Este ano os premios chegan á súa quinta convocatoria, que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de abril.

Premiados

Premio galego de arquitectura 2025:

O xurado acorda galardoar co premio galego de arquitectura 2025 ex aequo aos seguintes proxectos cunha dotación de 3.500 € para cada un deles. Son as seguintes obras arquitectónicas:

“HALO” Vigo

Arquitectos: Alexandre Mouriño Fernández (AM2 ARQUITECTOS) | Jose Carlos Núñez de Oliveira (Noarq) | Miguel Sacristán Montesinos (ICCP, Arenas & Asociados)

  • Promotor Concello de Vigo
  • Construtor UTE HALO VIGO (Ferrovial - Oreco Balgón)

O xurado valorou fundamentalmente da proposta que é unha solución brillante a un problema que resolve cunha singularidade arquitectónica e constitúe un símbolo dentro da cidade. Considera que é unha obra encomiable pola configuración arquitectónica do elemento e por como se integra nunha topografía difícil e degradada.

“EDIFICIO PARA 34 VIVENDAS, PRAZAS DE GARAXE E ROCHOS” Santiago de Compostela

Arquitectos: Manuel Carbajo Capeans | Celso Barrios Ceide (Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados, SLP)

  • Arquitecto Técnico: Enrique Martínez Carregal
  • Promotor: Alto Residencial Sociedade Cooperativa Galega
  • Construtor: Por administración

O xurado valorou fundamentalmente da proposta a simplicidade, economía e talento para aproveitar os recursos para conseguir unha solución moi brillante, cunha sobriedade de medios que se convirte na súa maior virtude resultando, en definitiva, un exercicio exemplar.

Premio galego de rehabilitación 2025:

O xurado acorda galardoar co premio galego de rehabilitación 2025 a:

“REHABILITACIÓN INTERIOR DA CASA CONSISTORIAL DE PONTEVEDRA”

Arquitectos: Maria Gracia Amandi Joglar | Dionisio Jorge De Uña Santos

  • Arquitecto Técnico/ Aparellador: Luis Ángel Fernández | Regina Quinteiro | Sandra Valverde
  • Promotor: Concello de Pontevedra
  • Construtor; UTE Pazo do Concello de Pontevedra: Construcciones Ramírez S.L. + REVIVIS - Reabilitação, Restauro e Construção, Lda

O xurado valorou a actuación realizada nun edificio de considerable valor histórico rescatando elementos que estaban na concepción orixinal do edificio e resolvendo problemas actuais nun edificio histórico, introducindo nun mesmo edifico dúas solucións nun gran exercicio de creatividade.

Premio especial á sustentabilidade:

O xurado acorda galardoar co premio especial á sustentabilidade 2025 a:

“AMPLIACIÓN E REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE DE PORRIÑO (PONTEVEDRA)”

Arquitectos: Cristina Ezcurra de la Iglesia | Cristina Ouzande Lugo (Ezcurra y Ouzande Arquitectura, SLP)

  • Arquitecto Técnico/ Aparellador: Antonio Carballo Couñago | Luis Ángel Fernández Neira
  • Promotor: SERGAS
  • Construtor: S.A. de obras y sevicios COPASA

O xurado valora o acerto á hora de ampliar o centro de saúde existente con novos criterios ao que se lle engade un edificio novo que resolve de forma eficaz a problemática de rehabilitar un edificio con poucos materiais, ben empregados e moi limpos, e unha maior funcionalidade. É unha actuación brillante que corrixe erros do edificio existente e consegue unir os dous edificios cunha visión moi agradable, mimando os detalles e cun alto grao de satisfacción das persoas profesionais e usuarias do centro de Saúde.

Premio á traxectoria profesional: arquitecto/a
Premio á traxectoria profesional: aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a

Mencións

Premio de arquitectura

img_01_02
EDIFICIO DE 17 VIVENDAS, GARAXE E ROCHOS EN VIGO
O xurado destaca a solución de fachada que é actual pero enlaza moi ben co entorno integrándose con harmonía cos edificios existentes.
img_01_01
HOTEL DA NATUREZA PEPE_VIEIRA
O xurado valora o deseño coidado desta obra que destaca pola interpretación paisaxística e a súa implantación nun entorno privilexiado.
img_01_02
Vivenda Unifamiliar en Valadares
O xurado destaca o sistema construtivo, o resultado formal, a volumetría sinxela e a solución na parcela que dotan ao proxecto dunha simplicidade brillante.
Casa Panches
Casa Panchés
O xurado destaca  nesta obra que abre camiños a unha nova forma de construción en Galicia con emprego de materiais como a madeira.

Premio galego de rehabilitación

Acondicionamiento de Edificio Comercial para Uso de Restaurante
Acondicionamento de edificio comercial para uso de restaurante en Pontevedra
O xurado destaca que con moi poucos elementos de plataformas e escaleiras consigue unha circulación e un esquema de programa bastante novidoso, recuperando tamén mobles do edificio orixinal destacando a luz e a transparencia interior. 
REHABILITACIÓN DE EDIFICACIÓN PARA LOCAL COMERCIAL E VIVENDA EN CEE
REHABILITACIÓN DE EDIFICACIÓN PARA LOCAL COMERCIAL E VIVENDA EN CEE
O xurado destaca a recuperación do espírito inicial do edificio, volvendo ao seu volume orixinal e recuperando a idea do lucernario dignificando o contorno xeral do conxunto histórico de Cee. 
RESTAURACIÓN DEL PABELLÓN HISTORICISTA Y EL MURO PERIMETRAL DE SAN MARTÍN PINARIO.
RESTAURACIÓN DO PAVILLÓN HISTORICISTA E O MURO PERIMETRAL DE SAN MARTÍN PINARIO
Nesta obra, o xurado valora que  é un edificio limpo de fachada acristalada que pon de manifesto a beleza e elegancia da rehabilitación.  

Premio especial á sustentabilidade

Non hai mencións para esta categoría

Edicións anteriores