A Xunta de Galicia premiará aos mellores proxectos arquitectónicos de edificacións realizados nos últimos anos nos eidos da arquitectura e a rehabilitación a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se galardoará a traxectoria profesional nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
A importancia destes premios queda patente ao estar incluídos expresamente no eixe 1 da liña estratéxica D do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado o 20 de xaneiro de 2021 polos representantes das entidades integrantes do pleno do Observatorio da vivenda de Galicia, documento que recolle as liñas de actuación pública nesta materia, constituíndo o instrumento fundamental da planificación das políticas públicas na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2025.
Nesta edición, a quinta, estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2023 e 2024, tanto de obra nova como de rehabilitación. Cabe destacar, así mesmo, os premios especiais: o de sustentabilidade e á traxectoria profesional; o primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Xunta de Galicia. O segundo, o premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego por parte das persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas.
Os premios, que convoca o Instituto Galego da Vivenda e Solo cun valor total de 35.000 euros, teñen as seguintes modalidades e dotacións:
- Premio galego de arquitectura 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2025 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 7.000 euros. - Premio galego de rehabilitación 2025.
O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2025 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 7.000 euros. - Mencións.
Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento. - Premios especiais.
O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 7.000 euros. - Á traxectoria profesional 2025, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.
Dotación económica: 7.000 euros para cada unha das categorías
- Á sustentabilidade 2025, destinado a destacar aquela actuación, de uso residencial ou dotacional, que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2025, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024.
As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2025 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025.
A presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 poderá realizarse dende o sétimo día natural seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 13 de xuño de 2025.
A presentación das candidaturas require que, previamente, a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:
- Autorización das persoas autoras dos proxectos á entidade propoñente para presentar a súa candidatura, así como o seu consentimento expreso ao IGVS para poder publicar, difundir e dar publicidade aos proxectos e ao material achegado coa proposta, segundo o modelo dispoñible na devandita aplicación. No suposto de que se presenten conxuntamente un elevado número de candidaturas, estes anexos poderán substituírse por unha declaración responsable da entidade propoñente de que conta coas ditas autorizacións de todas as persoas autoras dos proxectos propostos.
- Imaxes: admitirase un máximo de 12 arquivos, que poderán conter fotografías, planos, diagramas, etc., en formato jpg, relativos ao correspondente proxecto.
- Memoria descritiva e xustificativa do proxecto.
- Lámina-resumo, en formato horizontal DIN-A3, do proxecto proposto.
- Opcionalmente, poderá achegarse un vídeo de duración máxima de 3 minutos sobre o proxecto proposto.
- Os proxectos que se presenten para o premio especial á sustentabilidade deberán incluír, ademais, unha memoria xustificativa das estratexias de sustentabilidade aplicadas, así como dos resultados obtidos.
Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.
Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.
Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf.