Categorías

Premio galego de arquitectura

Destinado a galardoar os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teñan suficiente entidade como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.

Premio galego de rehabilitación

Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Premio especial á sustentabilidade

Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación de unha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeneracións futuras.