EDIFICIO DE 17 VIVENDAS, GARAXE E ROCHOS EN VIGO

Imaxen principal candidatura
PI Y MARGALL 18-22 36202, VIGO, PONTEVEDRA
Arquitecto
ALBERTO QUINTANS ARRONDO | CRISTINA MARGARITA ANSEDE VIZ
Arquitecto Técnico/ Aparexador
Juana Martínez García
Promotor
LUZVIPROM, S.L.
Construtor
CIVISGLOBAL, S.L.
Data de inicio
Xoves, 04 Novembro, 2021
Data de fin
Mércores, 09 Agosto, 2023
PEM
1.477.190 €
Outros técnicos
  • Juana Martínez García - arquitecta técnica | TRAZZO - cálculo de instalaciones | SUÁREZ Y GARCÍA - cálculo de estructuras
Categorías nas que se presenta
Premio galego de arquitectura
Sobre o proxecto

Trátase dun edificio entre medianeiras con fachadas á rúa Pi e Margall (Este) e a un patio de mazá (Oeste). A partir de planta terceira, supérase en altura aos edificios próximos, conseguindo vistas á ría por enriba do patio de mazá.

Esta característica xera unha dualidade dentro do edificio, dando lugar a un investimento na ?fachada principal?, de tal forma que as vivendas en plantas altas orientan os seus espazos principais ás vistas. Así mesmo, estas vivendas son máis grandes que as súas veciñas de plantas inferiores, de tal forma que, a medida que se sobe en altura, redúcese o número de vivendas por planta.

O desafío da obra foi coordinar entre si tres programas diferentes de vivenda en altura (tres "plantas tipo"), xunto co deseño a medida de vivendas, e á súa vez cunha fachada unitaria que presenta un ritmo de ocos uniforme e independente do que ocorre detrás.

O proxecto persegue crear espazos de calidade, fuxindo das estancias de ancho mínimo normativo e xerando ambientes luminosos, mesmo nos espazos comúns e no garaxe, grazas ao uso de xanelas balconeras.