- Ángel Velando Rodríguez, Arquitecto Codirector de Obra | Luis Ángel Fernández, Arquitecto Técnico Codirector de Ejecución | Regina Quinteiro , Arquitecta Técnica Codirector de Ejecución | Sandra Valverde, Arquitecta Técnica Codirector de Ejecución | Applu
Intervense en edificio de 1879 realizado polo arquitecto Alejandro Sesmero como sede do Concello de Pontevedra. A solución adoptada abre o atrio e a escaleira monumental, facéndoos protagonistas do espazo. Retíranse as carpinterías colocadas nos anos 50 no atrio e hall principal, facendo que o lucernario existente ilumine as zonas de comunicación. Créanse novos espazos abertos e flexibles, organizados por franxas funcionais ao redor de caixas de madeira exentas, de deseño contemporáneo, funcionais e respectuosas coa preexistencia.
Para solucionar os problemas de accesibilidade instálase un ascensor que vincula as tres plantas desde unha posición discreta e facilmente accesible desde o acceso da rúa Alhóndiga. Este acceso histórico a cota, se cualifica e dota de servizos, deixando o acceso monumental de Praza de España para actos institucionais.
Falsos teitos de madeira, coidadosamente estudados, integran as instalacións de climatización e iluminación, á vez que melloran a acústica e ennoblecen o espazo.
Grandes portas plegables, permiten abrir totalmente a planta primeira creando un gran espazo para usos sociais.
A planta semisótano, concíbese como unha sorte de cripta, que contrasta coa procura da luz nas plantas superiores.
Créase un salón nobre versátil, apto para a celebración de plenos municipais, facilmente desmontable e dotado da última tecnoloxía.