«EL CAMELLO» COWORKING FIAT RENFE 593

Imaxen principal candidatura
-
Arquitecto
-
Arquitecto Técnico/ Aparexador
-
Promotor
-
Construtor
-
Data de inicio
-
Data de fin
-
PEM
-
Outros técnicos
-
Categorías nas que se presenta
Premio especial á sustentabilidade
Sobre o proxecto

Dentro dun proxecto social importante para a zona, e con apoio europeo para a fixación de poboación no rural, inclúese esta peza que recupera do esquecemento un residuo ferroviario con valor para darlle unha nova vida como co‐ working para mozos emprendedores.
Trátase da restauración dun obxecto que parecía destinado a ser residuo, mediante unhas sinxelas actuacións, convértese nun espazo de emprendemento e colaboración, co obxectivo de fixar poboación nun contorno rural e acurtar así desprazamentos.
Máis que na peza en si, a importancia está no proxecto social desenvolvido, que posibilita o mantemento dunha poboación que ten máis difícil acceder a certas oportunidades ou servizos.
O plan global inclúe a rehabilitación de toda a estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla abandonada para dotala de novos usos públicos.
O vagón de tren da histórica serie 593, “O Camelo”, cedido polo Museo Nacional do Ferrocarril, foi protagonista dunha modernización na media distancia durante os anos 80.
A restauración e posta en valor da peza en si e da estación recupera unha infraestrutura importante na cultura da zona. Ademais, o novo uso incidirá no progreso da mesma.
O obxectivo do proxecto é axudar á fixación da poboación nun contorno rural que non deixa de ceder habitantes ás cidades, mellorando así, as súas posibilidades culturais e profesionais, principalmente de xente nova.
En canto ao proceso de rehabilitación, este concentrouse na limpeza interior e exterior do coche, a substitución das pezas en moi mal estado, as cales, extraéronse doutros vagóns da mesma serie, a adaptación de todo isto para o seu novo uso e por último darlle a todo o conxunto unha nova imaxe tanto interior como exterior.
No ámbito de entrada ao complexo e na zona previa ao coche motor construíuse unha pérgola cun sistema de paneis fotovoltaicos na súa cuberta para o autoabastecimiento eléctrico do vagón de maneira que se conseguiu que o coworking obteña unha alta porcentaxe da súa demanda enerxética dunha fonte de enerxía renovable.