PROXECTO: Escóllese para este pequeno edificio a parte con máis pendente do terreo que é, á súa vez, a mellor orientada. Sur e ría. Aínda que voa e non toca o solo é tan alto como o noiro, de maneira que mantén unha dobre accesibilidade: inferior, desde o camiño tradicional, e superior, desde o aparcamento. A pesar da súa planta cadrada e a súa cuberta plana (cubo), introdúcense nel certas decisións que o fan máis complexo e definen por partes. Un “asa”, a escaleira, ancórao ao noiro. Un moble de servizo coa entrada, aseo, cociña e almacén, é o fondo e parede contra o terreo. A súa única ventá horizontal, a fronte, única peza que mira. Tamén mesa e asento. A cuberta, terraza-xardín con afondado para estar. Pequena praza.
ACCESIBILIDADE: O cubo de formigón encaixado nun desnivel, ten dúas superficies de uso, unha interior que é a sala do centro social, na cota máis baixa e outro plano superior, practicamente ao nivel da estrada e que é un banco no medio dun xardín cunhas estupendas vistas da praia de Carnota e a ría desde Fisterra ata o Monte Louro. A accesibilidade a estes dous espazos parecíanos importante polo que a pesar de presentar unha escaleira que enlaza as dúas cotas desde o exterior e que é un elemento fundamental do deseño do edificio, tamén coidouse o o acceso a nivel a ambos os dous espazos. Unha suave rampla case a cota coa estrada permite entrar no miradoiro sobre a cuberta e desde a cota inferior, a porta da fachada sur permite o acceso a nivel á sala principal. A pesar de ser un local de reducidas dimensións, para uso dos habitantes da pequena aldea, o aseo é adaptado, tendo en conta que ademais, quizá a maior parte dos usuarios sexan persoas de idade que poden ter certos problemas de mobilidade. SUSTENTABILIDADE: A forma compacta do edificio, un cubo de formigón encaixado nun desnivel do terreo fai que a súa materialidade e volume axuden a conseguir unhas condicións naturais de protección térmica de tal maneira que as instalacións dedicadas a este fin non necesiten gran demanda. O edificio ten unha ventá fixa rachada ao oeste con dúas pezas opacas móbiles que permiten a súa apertura para ventilar e unha porta acristalada na fachada contraria. A luz entra tanto desde o leste como desde o oeste polas súas fachadas e tamén pode abrirse cara o sur comunicando, neste caso á mesma cota, interior e exterior a través dun portalón de madeira que se abre ao campo. A carpintería é de madeira de cedro e no caso da ventá ao oeste, o seu deseño rachado co vidro detrás dun marco saínte de madeira permite a protección fronte á radiación solar da tarde. A cuberta é vexetal, utilizando plantas da zona, neste caso elixíronse distintos tipos de ericas que son especies que abundan neste contorno de paisaxe da costa atlántica e que presentan unha adaptación total ás condicións do ambiente e que ademais visualmente forman un continuo coa paisaxe inmediata. Non requiren mantemento nin achegas de auga a maiores.